Sunday 28 de April de 2024

60 establecementos súmanse á campaña “Fene tece igualdade – Fene violeta”


 

A Concellaría de Benestar e Igualdade de Fene lanzou hai varias semanas a iniciativa “Fene tece igualdade – Fene violeta” para que os negocios do municipio expresasen o seu compromiso coa igualdade e en contra da violencia machista. Á idea sumáronse arredor de 60 establecementos e foron varios os que hoxe, nun día en que a mensaxe cobra especial relevancia, nos enviaron fotos do distintivo da campaña colocado nos seus escaparates.

Amais de lucir o lema, todos estes negocios asumen a aplicación práctica de varias medidas no trato diario coa súa clientela, como por exemplo o uso dunha linguaxe inclusiva en toda a información; a transmisión dunha imaxe igualitaria, plural e non estereotipada de mulleres e homes; non reproducir imaxes ou contidos sexistas que minusvaloren ou menosprecen ás mulleres e rexeitar as violencias por medio da posta en marcha de accións de prevención e denuncia.